miércoles, 30 de marzo de 2016

CREAR NOVAS EMPRESAS



Nesta 3ª avaliación ides crear dous tipos de empresas:

1. Empresas relacionadas coa mellora da vida do voso concello
2. Empresas relacionadas con celebración de eventos variados.

Para iso ides facer unha páxina web, pode ser coa aplicación de  WIX
Poñeredes nome á empresa e logo.



3. Agora tedes que traballar por doble vía: por un lado levar a cabo a actuación correspondente e por outro ir respostando as preguntas sobre a vosa empresa.

4. PROXECTO ESPECIAL:

- Pasos que ides seguir para decidir que actuación realizaredes (describilos ou presentar un esquema, se optades por esta segunda opción podedes ir a este enlace para facer esquemas ou mapas conceptuais: Lucidchart ou Bubbl ou calquera que vos coñezades, logo debedes inserir o enlace na vosa páxina web)

- Para o caso da mellora do entorno, ademais deberedes subir fotos de como está agora, para que despois poidamos compar e ver as melloras)
- Que ides necesitar e orzamento
- Se necesidades colaboración de persoas alleas a vosa empresa tamén o deberedes dicir
- Tempo estimado para realizalo
- Un diario de seguimento.

5. EMPRESA:
5.1. PROPIEDADE DA EMPRESA

- hai un único propietario, é unha sociedade (neste caso dicir de que tipo) ou é unha cooperativa. [adxúntase cadro explicativo].






Publish at Calameo



 [ACLARACIÓN OS TIPO DE SOCIEDADES: a responsabilidade dos socios:

- ILIMITADA: o socios responden cos seus propios bens fronte as débedas da empresa. Esto significa que se poderán embargar os seus bens para pagar as débedas contraídas pola sociedade (casa, coche, etc.)
- LIMITADA: os socios só responden das débedas da empresa polo importe do capital que aportaron para crear a sociedade. Os seus bens privados non se verán afectados.]



- Papel de cada propietario dentro da empresa (que actividades vai desempeñar, se é que fai algunha, pode aportar unicamente capital)
- Capital inicial aportado, créditos solicitados (onde, a que interés, durante canto tempo)
- Documentación necesaria para o inicio de actividade.
- Quen será o encargado da administración diaria (papeleo), que impostos debe pagar a empresa e cada canto, e a que entidade estatal (concello, Xunta, Estado...)
- Outros gastos administrativos: alugueres, xuros, seguros, leasing, mantemento...
- Facede un cadro onde especifiquedes o voso capital físico, humano e financeiro (esto foi explicado o curso pasado en 3º)


- OBRIGACIÓNS DA EMPRESA ANTES DO INICIO DA SÚA ACTIVIDADE EMPRESARIAL:
  
  -.inscrición da empresa na Seguridade Social : toda empresa que comeza a funcionar e desexa contratar traballadores debe inscribirse na Seguridade Social.
   -.cobertura de Riscos Profesionaisa empresa debe optar por asegurar os riscos derivados do traballo con Seguridade Social ou cunha mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais.
   -.afiliación do traballador á Seguridade Socialacto administrativo, polo que o traballador se incorpara á Seguridade Social por primeira vez na súa vida laboral. Concédeselle un número concreto que manterá durante toda a súa vida profesional
    -.alta do traballador na Seguridade Socialacto administrativo de inclusión do traballador nun réxime concreto da Seguridade Social. Indica que esta persoa está traballando, cando deixe de traballar, daráselle de baixa e, canto volva a outro traballo, volverase a dalo de alta (pero non afiliar, este acto faise unha soa vez na súa vida laboral).

- OBRIGACIÓNS DA EMPRESA DESPOIS DO INICIO DA ACTIVIDADE EMPRESARIAL:

   -.cotizacións: aportacións económicas que realizan os empresarios e os traballadores para soster financeiramente so sistema da Seguridade Social. É obrigatorio cotizar por cada traballador en situación de alta laboral. A empresa debe ingresar as súas cuotas e as que lles corresponden ao traballador (que se deducen da súa nómina mensual). Para calcular as cuotas a ingresar, aplícanse porcentaxes, sobre o que se denomina base de cotización por continxencias comúns e/ou continxencias profesionais e a súa cuantía depende do salario do traballador e das pagas extras que reciba.


5.2RECURSOS HUMANOS


- Cantos traballadores ten a empresa e en que postos.
- Que tipo de contrato teñen (só nomealos, xa que máis adiante teredes que facer algún)
- Cal é o seu salario (igual que no apartado anterior)


5.3. SELECCIÓN DE PERSOAL
-  ides seleccionar traballadores para as vosas empresas (supoñamos que non tedes aínda). Pasos a seguir:
                         - publicar dúas ofertas de emprego diferentes para cubrir dúas prazas de empregados na vosa empresa. Debedes especificar o nome do posto, os coñecementos que se requiren, se necesita ter ou non experiencia laboral previa, a duración do emprego, as horas diarias ou semanais, se é a tempo completo ou parcial... (o salario podedes poñelo ou non, se non o poñedes debedes negocialo na entrevista). Podedes buscar exemplos na prensa.
                    - elaboración dun currículum vitae (todos elaboraredes un, os datos deben ser sempre inventados, pero lóxicos).
                        - que plataformas on line son as máis interesantes para publicar o currículo e atopar emprego?

CURRÍCULUM VITAE:

Aquí tedes o modelo  de currículum tradicional e aquí o currículum europeo

                                                           (formato básico)
Datos persoais:
- Nome e apelidos
- DNI
- data nacemento
- domicilio
- tfnos de contacto
- correo electrónico
Formación académica:
colocar data de realización - denominación oficial do título, centro de estudos e data de inicio e fin (ou só fin). Primeiro colócanse os últimos no tempo.
Formación complementaria:
cursiños, xornadas que teñan que ver o posto ao que se opta. Indicar data de realización, horas do curso e centro
Idiomas:
Se se ten algún título oficial ou estancia no estranxeiro. Cando non haxa títulos indícase o nivel de competencia dese idioma
Informática:
Se hai titulación colocala, senón o nivel que se posúe e os coñecementos de diferentes sistemas operativos e programas
Experiencia profesional:
Farase constar a empresa para a que se traballou, durante canto tempo, cargo que se ocupaba e as funcións.
Tamén pódense engadir horas de prácticas.

Concretar unha entrevista de traballo despois de ver as ofertas de emprego que publicaron os compañeiros. Tedes que ir a dúas entrevistas.
Publicar o resultados desas entrevistas dicindo que tipo de contrato de traballo firmaredes con cada un e as condicións do seu salario.


Faredes unha nómina dos vosos traballadores (o modelo de percepción do seu salario)

Neste enlace atoparedes un modelo de recibo individual do pago de salarios:exemplo de nómina