lunes 9 de enero de 2012

PROXECTO PARA A CREACIÓN DA NOSA EMPRESA


PROXECTO DE CREACIÓN DE EMPRESA (2ª avaliación)






1. CREAR LISTADO DE POSIBLES INICIATIVAS EMPRESARIAIS (mínimo 5)

2. A ACTIVIDADE DA EMPRESA (presentación e datos básicos da empresa)

   2.1 Descrición do negocio.
   2.2 Descrición do produto ou servizo, incluíndo a innovación ou mellora que aporta. Para isto hai que respostar a estas tres cuestións:
     
          - que diferencia este negocio doutros parecidos?
          - motivos polos que se cre que terá aceptación
          - o nicho de mercado que cubre a idea, é dicir, a demanda á que dará resposta

    2.3 As perspectivas xerais do sector no que se enmarca a nosa iniciativa emprendedora (é un sector xa maduro ou con perspectivas de crecemento?)
    2.4 Descrición básica das características técnicas, incluíndo as innovacións, melloras e elementos diferenciadores da competencia que incorpora a nosa idea.
    2.5 Nome da empresa.
    2.6 Obxectivos da empresa a medio e longo prazo.

3. VIABILIDADE TÉCNICA E RECURSOS MATERIAIS

Dependendo de si a vosa empresa produce un ben ou un servizo respostade ás cuestións correspondentes.

*Se producen BENS:
a. Onde e en que condicións se compran as materias primas: búsqueda e selección de proveedores
b. Que tecnoloxía, ferramentas e maquinaria se precisa, onde e en que condicións se compran
c. En que consiste o proceso produtivo: descrición secuenciada do mesmo e do uso das materias primas e da maquinaria.
d. Onde se realizará o proceso produtivo.
e. Onde e como se almacenará o produto terminado.
f. Como se transporta ata o cliente final.
g. Especificar se se empregará algún elemento innovador nalgún dos puntos anteriores
*Se producen SERVIZOS:
a. Analizar as necesidades do mercado e asegurarse de ter atopado un nicho de mercado (unha necesidade non cuberta ou insuficientemene cuberta por outras empresas); preguntarse por que non satisface o mercado esa necesidade.
b. Describir detalladamente o servizo e o seu proceso de realización.
c. Ver que material, texnoloxía, ferramentas ou maquinaria se necesitan, onde e en que condicións se poden comprar.
d. Describir como se fará chegar o servizo ao consumidor: os traballadores desprazaranse ata o lugar onde se atope o cliente ou será este quen acuda ao local da empresa ou se contemplarán ambas situacións. Estudo das características do local e descrición das súas instalacións.
e. Especificar se imos a empregar algún elemento innovador nalgún dos puntos anteriores ou se a empresa terá un espíritu propio que a diferencie do resto.

4. INVESTIGACIÓN DO MERCADO

Para facer unha investigación de mercado debemos analizar diferentes cuestións:
CLIENTELA: para identificar a clientela potencial debemos investigar sobre:
a. Quen vai consumir os nosos servizos ou produtos, é dicir, a que segmento da poboación imos dirixirnos:
    * idade
    * estado civil
    * tamaño da residencia
    * clase social
    * nivel de estudos
    * sexo
    * lugar de residencia
    * nivel de ingresos ou capacidade adquisitiva
    * profesión
    * nivel de consumo
b. Quen decide a compra? (poden ser produtos para menores de idade pero que compren pais, poden ser para homes pero que compren mulleres...)
c. Frecuencia da compra
d. Cales son as necesidades, demanda e expectativas do cliente?
e. Toda a clientela é igual ou agrúpanse segundo unhas características. Se é asi, como é cada un deses grupos?, por que e para que compra cada grupo?
f. Canto cres que o cliente está disposto a pagar polo produto ou servizo?
g. Consume igual durante todo o ano ou é estacional?
h. Cal será a evolución do produto: o consumo manterase, crecerá ou diminuirá?
i. Lugar de compra: que valoran para comprar o produto nun lugar ou noutro? Cambian con frecuencia de establecemento?

PRODUTO:
a. Están ben definidos os produtos ou servizos, as súas características, necesidades que cubren, melloras que aportan, etc?
b. Que é o que máis valoran os clientes potenciais?

COMPETENCIA:
a. Quen son os meus principais competidores?, son grandes ou pequenas empresas?, cal é a súa cuota de mercado?, canto tempo levan no mercado?
b. Quen son os seus principais clientes?
c. Que características particulares destacan nos produtos da competencia: a súa calidade, a súa utilidade, a súa elegancia, a súa imaxen de marca...? que aportan aos seus clientes?
d. Que razóns principais inducen aos clientes a comprar os produtos da competencia?, que imaxe teñen da competencia os usuarios?
e. Que políticas de prezos segue a competencia? Que cóndicións conceden: rebaixa, descontos "2x1", bonificacións, promocións, garantías...?
f. Que almacéns de distribución, oficinas de venta, puntos de asistencia ao client ten a competencia?
g. Que puntos débiles mostra a competencia en relación coa calidade dos produtos, prazos de entrega, asistencia...?
h. Sabes se a competencia ten pensado expandirse, ir ao estranxeiro, venta por internet...? Que cres que farán cando apareza a vosa empresa?

PRODUTOS SUSTITUTIVOS:
a. Que outros produtos ou servizos atenden a mesma necesidade que o noso futuro produto ou servizo?
b. Que ventaxas ou inconvintes teñen?
c. Que posibilidades existen de que xurdan novas empresas que ofrezan algo semellante?

PROVEEDORES:
a. Quen poden ser os meus proveedores? Busca en internet empresas que vendan os produtos que necesita a túa empresa para funcionar.
b. A calidade das nosas compras influirá no produto ou servizo final? moito ou pouco?
c. Venden tamén aos nosos competidores?
d. Que condicións de pago soen pedir? Ten importancia neste negocio realizar un volume de pedidos considerable para obter descontos a cambio?

5. UBICACIÓN DO NEGOCIO
a. Onde se ubicará a empresa, para iso debes insertar un mapa do lugar e insertar a ubicación da empresa.
b. Por que se elixe esa localización.
c. Se hai máis de unha ubicación sinalala todas (incluso nun futuro próximo, explicando sempre a elección)
d. Elaborade a maqueta do voso local físico, ten que coincidir coa descrición que déchedes anteriormente.

6. PLAN DE MARKETING
 O plan de marketing recolle as estratexias e accións que a empresa aplicará para darse a coñecer e atraer a atención dos seus clientes potenciais.

Aquí tedes un exemplo dos obxectivos dun empresa a medio prazo (3 a 5 anos). Os obxectivos sempre deben ser claros e concretos.
Exemplo: * ventaxas competitivas:
- o noso obxectivo será a diferenciación polos prezos, sensiblemente inferiores aos da competencia. Esto será posible porque importaremos a materia prima directamente dende China e en grandes cantidades, que nos proporcionará importantes descontos.
- O noso obxectivo será a diferenciación pola novidade do produto, poñeremos á venda un produto novo no mercado  e que cobre unha necesidade, que ninguén satisface, polo momento.
- O obxectivo desta empresa será a diferenciación pola distribución, seremos os primeiros en comercializar este produto por Internet.


* A innovación: crearemos novas necesidades (móbiles con cámara fotográfica), innovaremos en procesos produtivos, etc.
* A imaxe corporativa: o noso obxectivo será ofrecer un servizo rápido: " Atención en 24 horas", donde, ademais, destacaremos por un trato exquisito ao cliente, ao que chamaremos á semana seguinte para ver se está satisfeito coa nosa asistencia.
* A cifra de negocios: penetrar en novos mercados en catro anos, aumentar as cifras de facturación nun 20% en 2 anos. Como se pode penetrar en novos mercados? Exemplos reais:
- Tradicionalmente, o donut era un produto para nenos, ata que a empresa comezou a comercializalos nas cafeterías e a realizar anuncios dirixidos aos maiores.
- O cava consúmese especialmente no Nadal, xa que o seu consumo está moi vinculado a esas festas e a grandes celebracións. As empresas produtoras de cava tratan de incrementar as súas vendas e, para facelo, queren transmitir aos consumidores a idea de que tamén é unha bebida adecuada para tomar unha copa ou acompañar unha comida, igual que o viño.
- Algunhas compañías de servizos que suministran luz ou gas comezaron a ofrecer outros servizos complementarios aos seus clientes: instalación de calefacción, aire acondicionado, atención ao cliente, servizo urxencias, tarxetas financeiras de cliente....

DESCRIBIR O PRODUTO DE CADA UN:
- Aspectos básicos: composición, materiais, utilidade, características fundamentais, ventaxas que o cliente pode ver nel.
- Diseño, envase, embalaxe, calidade e nome da marca. (Aquí hai que presentar o diseño do produto se é diferente aos dos outros produtores, tamén hai que ver como será o envase no que se presente e a embalaxe do mesmo. A etiquete, o nome da marca)
- Servizos relacionados co produto ou servizo: servizo posventa, garantía, asistencia técnica, instalación, entrega a domicilio, mantemento, financiación, formación para o usuario...
- Perspectiva evolutiva: adaptabilidade, posibilidades de perfeccionamento, lonxevidade potencial.
- Canto custará producilo.

PREZO:
- Detalla o prezo de todos os teus produtos ou servizos e explica como os fixaches. Indica estratexia que vas seguir
Observa este cadro sobre estratexias de prezos:

DISTRIBUCIÓN:
Identifica as canles de distribución que existen para o teu produto e estudia o seu funcionamento. Despois decide se o produto se distribuirá directamente pola empresa ou recurrirás a distribuidores.

COMUNICACIÓN:

Estudar como se vai presentar o produto ao cliente:
- Será unha venda persoal? Se é así como serán os dependientes (aspecto físico, idade, vestuario)
- Venda por internet: TODOS debedes ter páxina web da vosa empresa, para iso tedes que diseñar unha (pode ser unha captura de pantalla arranxando o que precisedes). Como venderedes por Internet?
- Publicidade:  *que tipo de publicidade do voso produto ides facer e que periodicidade terá.
                       *elaborade un folleto publicitario (para publicar en prensa ou para buzoneo)
                       * creade un anuncio do voso produto para TV, cando o teñades debedes  subilo a Youtube
                          para que xere un código que permita insertalo no blog (se tedes varios produtos que vos
                          interese promocionar podedes facer máis dun anuncio)
- Investigade canto custa publicar un anuncio na prensa e na televisión.


7. XESTIÓN DA EMPRESA E RECURSOS HUMANOS

A EMPRESA

- PROPIEDADE: hai un único propietario, é unha sociedade (neste caso dicir de que tipo) ou é unha cooperativa. [adxúntase cadro explicativo].
 [ACLARACIÓN OS TIPO DE SOCIEDADES: a responsabilidade dos socios:
- ILIMITADA: o socios responden cos seus propios bens fronte as débedas da empresa. Esto significa que se poderán embargar os seus bens para pagar as débedas contraídas pola sociedade (casa, coche, etc.)
- LIMITADA: os socios só responden das débedas da empresa polo importe do capital que aportaron para crear a sociedade. Os seus bens privados non se verán afectados.]
- Papel e cada propietario dentro da empresa (que actividades vai desempeñar, se é que fai algunha, pode aportar unicamente capital)
- Capital inicial aportado, créditos solicitados (onde, a que interés, durante canto tempo)
- Documentación necesaria para o inicio de actividade.
- Quen será o encargado da administración diaria (papeleo), que impostos debe pagar a empresa e cada canto, e a que entidade estatal (concello, Xunta, Estado...)
- Outros gastos administrativos: alugueres, xuros, seguros, leasing, mantemento...
- Nome da empresa e logotipo (explicando o que significa, incluídas as cores) : para iso tedes este enlace onde se explica diferentes características sobre as cores
http://ntic.educacion.es/w3//eos/MaterialesEducativos/mem2000/color/eso/menu.htm

- OBRIGACIÓNS DA EMPRESA ANTES DO INICIO DA SÚA ACTIVIDADE EMPRESARIAL:
  
  -.inscrición da empresa na Seguridade Social : toda empresa que comeza a funcionar e desexa contratar traballadores debe inscribirse na Seguridade Social.
   -.cobertura de Riscos Profesionais: a empresa debe optar por asegurar os riscos derivados do traballo con Seguridade Social ou cunha mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais.
   -.afiliación do traballador á Seguridade Social: acto administrativo, polo que o traballador se incorpara á Seguridade Social por primeira vez na súa vida laboral. Concédeselle un número concreto que manterá durante toda a súa vida profesional
    -.alta do traballador na Seguridade Social: acto administrativo de inclusión do traballador nun réxime concreto da Seguridade Social. Indica que esta persoa está traballando, cando deixe de traballar, daráselle de baixa e, canto volva a outro traballo, volverase a dalo de alta (pero non afiliar, este acto faise unha soa vez na súa vida laboral).

- OBRIGACIÓNS DA EMPRESA DESPOIS DO INICIO DA ACTIVIDADE EMPRESARIAL:

   -.cotizacións: aportacións económicas que realizan os empresarios e os traballadores para soster financeiramente so sistema da Seguridade Social. É obrigatorio cotizar por cada traballador en situación de alta laboral. A empresa debe ingresar as súas cuotas e as que lles corresponden ao traballador (que se deducen da súa nómina mensual). Para calcular as cuotas a ingresar, aplícanse porcentaxes, sobre o que se denomina base de cotización por continxencias comúns e/ou continxencias profesionais e a súa cuantía depende do salario do traballador e das pagas extras que reciba.

- Elaborar unha presentación en power point en inglés, con vistas a atopar clientes ou posibles inversores no estranxeiro.
- Facede un cadro onde especifiquedes o voso capital físico, humano e financeiro (esto foi explicado o curso pasado en 3º)

RECURSOS HUMANOS
- Cantos traballadores ten a empresa e en que postos.
- Que tipo de contrato teñen (só nomealos, xa que máis adiante teredes que facer algún)
- Cal é o seu salario (igual que no apartado anterior)
SELECCIÓN DE PERSOAL: ides seleccionar traballadores para as vosas empresas (supoñamos que non tedes aínda). Pasos a seguir:
                    - elaboración dun currículum vitae (todos elaborades un, os datos deben ser sempre inventados, pero lóxicos.
CURRÍCULUM VITAE: (formato básico)

Datos persoais:
- Nome e apelidos
- DNI
- data nacemento
- domicilio
- tfnos de contacto
- correo electrónico
Formación académica:
colocar data de realización - denominación oficial do título, centro de estudos e data de inicio e fin (ou só fin). Primeiro colócanse os últimos no tempo.
Formación complementaria:
cursiños, xornadas que teñan que ver o posto ao que se opta. Indicar data de realización, horas do curso e centro
Idiomas:
Se se ten algún título oficial ou estancia no estranxeiro. Cando non haxa títulos indícase o nivel de competencia dese idioma
Informática:
Se hai titulación colocala, senón o nivel que se posúe e os coñecementos de diferentes sistemas operativos e programas
Experiencia profesional:
Farase constar a empresa para a que se traballou, durante canto tempo, cargo que se ocupaba e as funcións.
Tamén pódense engadir horas de prácticas.

Concretar unha entrevista de traballo despois de ver as ofertas de emprego que publicaron os compañeiros. Tedes que ir a dúas entrevistas.
Publicar o resultados desas entrevistas dicindo que tipo de contrato de traballo firmaredes con cada un e as condicións do seu salario.

Publish at Calaméo or browse others.



Debido a nova reforma do mercado laboral os tipos de contratos de traballo deberán axustarse a nova normativa.



Faredes unha nómina dos vosos traballadores (o modelo de percepción do seu salario)

Neste enlace atoparedes un modelo de recibo individual do pago de salarios:
PLANO ECONÓMICO DA EMPRESA
Antes de comezar a actividade empresarial é necesario elaborar un BALANCE DE PREVISIÓNS. Nel reflectiranse os valores económicos que os socios esperan obter da súa empresa ao peche do primeiro exercicio económico e permite ver se a empresa ten unha estrutura financeira equilibrada.
Patrimonio dunha empresa = conxunto de bens e dereitos dunha empresa menos as súas obrigacións.
Patrimonio = Activo, Pasivo, Neto
Patrimonio Activo = conxunto de bens e dereitos dos que a empresa espera obter uns beneficios nun futuro. (Local, maquinaria, patentes, dereitos de cobros aos clientes, cartos en caixa e nos bancos, mercadorías destinadas á venda, etc)
Patrimonio Pasivo = obrigacións ou débedas que a empresa ten contraído (préstamos concedidos polos bancos, polos proveedores, subvencións...)
Patrimonio Neto = é o capital aportado polos socios, as subvencións ou donacións e os beneficios obtidos pola empresa que non repartiu entre os socios.
ELABORAR UN PLAN DE TESOURERÍA
Aquí recóllense os cobros e pagos que os socios prevén que se van realizar na súa empresa. Permitirá coñecer en que meses a empresa vai necesitar máis diñeiro en efectivo, en caisa e bancos, e en que meses haberá excedente. (Saberemos se precisamos pedir un crédito, cando, canto...; ou como investir esa cantidade de cartos que se ingresaron).
Intenta elaborar un plan para un semestre e di que decisións deberás tomar segundo os resultados