Existen varias técnicas para estimular a creación de ideas. Algunhas delas son:
TORMENTA DE IDEAS OU BRAINSTORMING
PENSAMENTO LATERAL:
Pensade a solución destas cuestións:
1. Sobre unha mesa había unha cesta con seis mazás e seis rapazas na habitación. Cada rapaza colleu unha mazá e aínda así quedou unha na cesta, como foi posible?
2. Como é posible pinchar un globo sen permitir que escape o aire e sen que o globo faga ruído?
3. A un señor que ía sen paraugas nen sombreiro pillouno un chaparrón; empapouselle a roupa, e aínda que levaba a cabeza descoberta non mollou nin un pelo, como foi posible?
4. Algúns meses teñen 31 días, outros 30. Cantos teñen 28?
5. Un malabarista tña unha taza de te chea de todo, mantendo a copa sobre a súa cabeza, deixouna caer ao chan, rompéndose en moitos anaquiños pero sen derramar unha simple gota de te? Como o fixo?
6. Se cavas un burato de 2 metros de ancho, por tres metros de largo e 4 metros de profundidade, canta terra hai no burato?
7. Antonio tiña 20 anos de idade no ano 1980 e cumpriu 15 anos en 1985, como?
8. Unha señora entra nunha cafetería e pide un café con leite. Xusto cando o achega aos beizos descobre un mosquito flotando. Pide outro café e ao probar de novo descobre que é o mesmo de antes. Como é posible?
9. O can mira á esquerda, fai que mire para a dereita cambiando só a posición de dous pauciños. O rabo debe permanecer alzado
