lunes 9 de noviembre de 2009


FESTIVAL DE NADAL

IDEAS PARA O FESTIVAL:
1. Expoñer cinco ideas para actividades a desenvolver no festival.
2. Desbotar tres
3. As dúas ideas elixidas serán desenvolvidas.
4. Colocar os pros e os contras de ditas iniciativas, como se fai facer, o tempo que levará, quen vai participar, e se hai premio cal será.
5. Orzamento.

lunes 28 de septiembre de 2009

PELÍCULA "WALL STREET"





PELÍCULA “WALL STREET”
RESPOSTAR ÁS SEGUINTES CUESTIÓNS
• 1.Cales son os principais escenarios onde ten lugar a película? En que país?

• 2. Por que cres que leva ese título?


• 3. Cando teñen lugar os feitos que se relatan?

• 4. Cres que se se rodara hoxe en día os feitos serían moi diferentes? Razoa a resposta.

• 5. Que se vende na Bolsa?

• 6. Que son as accións?

• 7. Que provoca que suba ou baixe o prezo das accións na Bolsa?

• 8. Quen é o propietario dunha empresa: quen posúe accións dela ou quen traballa como director a cambio dun soldo?

• 9. Cal é a diferenza entre propietario e empresario?

• 10. Oiches falar da crise financeira de 1929? Quen a provocou?

• 11. Hoxe en día tamén se di que estamos en crise, en que datos te baseas para estar de acordo?

• 12. Analiza, desde o punto de vista da ética empresarial estas dúas frases extraídas da película:" Los que corren mucho, caen pronto" (pronunciada polo xefe de Buddy en Jackson Steiner and Company) "Esta es la clave, señoras y señores: la ambición, a falta de una palabra mejor, es buena. La ambición es lo correcto; la ambición logra sus objetivos, la ambición clarifica, atraviesa dificultades y capta la esencia del espíritu evolucionista" (Gordon Gekko)

• 13. Que iniciativas emprendedoras levou a cabo Buddy? Que pretendía acadar? Cres que foron boas?

• 14. Nomea a iniciativa emprendedora que che pareceu máis intelixente pola súa parte e a que menos. Razoa a resposta.

• 15. Que iniciativas emprendedoras observaches en Gekko? Que finalidade persigue este home con ditas iniciativas?

• 16. En que apoiarías a Gekko e en que non? 17. Cres que no mundo dos negocios vale todo?

• 18. En que consiste o traballo de Buddy? Por que lle gusta tanto?

• 19. Por que desexa tanto traballar con Gekko? É feliz cando o consigue?

• 20. Que papel representa o pai de Buddy na película?


• 21. Un empresario con éxito (Gekko): nace ou faise? Como chegou el a ter tanto éxito? Como o ven os demais?

• 22. En EE.UU fracasar pero volver a intentalo varias veces valórase de forma positiva. Recoñécelle forza, empuxe, capacidade de superación. No noso país é ao revés. O que errou xa non é moi ben visto. Ti con cal dos puntos de vista te identificas?. Razoa a resposta e pon un exemplo.

BENVIDAS E BENVIDOS AO CURSO 2009/2010



VEREMOS QUE IDEAS EMPRENDEDORAS SAEN ESTE CURSO DESTE OBRADOIRO.